O Concello de Ribadeo pón a rodar 600.000 PCHS para  dinamizar e apostar pola nosa economía local.

Nesta edición, adaptándonos aos novos tempos e cumprindo coas medidas de protección sanitaria, só é preciso un teléfono móbil (smartphone) para poder facerte co teu PanchaPeto. A campaña vai dende o 1 de Setembro ata o 31 de Decembro ou ata esgotar crédito.

QUE É O PANCHAPETO?

Poñeranse en marcha 600.000 Panchas que se poderán adquirir de xeito dixital en packs de 30€. Cada pack de 30€ terá un valor de 40PCHS e un valor nominal de 40€ para o consumo  nos establecementos adheridos á campaña entre os días 1 de setembro e o 31 de decembro de 2021.

1€ = 1 Pancha (PCH).

→ Poderase adquirir ata un máximo de 280PCHS en packs de 30 e só poderán adquirir Panchas as persoas maiores de idade.

 

→ Cada comercio admitirá 80 Panchas por compra, se o importe da compra é maior, o resto deberá ser aboado en euros.

A moeda local non é canxeable por diñeiro en efectivo

→Non se devolverá o importe das mesmas en ningún caso. De producirse unha devolución dun produto mercado con moeda local, o establecemento emitirá un vale polo importe íntegro da compra.

→ Os packs de moeda local poderán adquirirse dende o 1 de setembro ata fin de existencias 

→ Os establecementos que desexen participar terán que adherirse á campaña, dende o día 12 ao 27 de Agosto de 2021, ambos incluidos. Para elo deberán cumprir os requisitos esixidos nas bases para adherirse e presentar a documentación que se indica nas mesmas. Consultar as BASES.

 
 

Quérese, con este proxecto, VISIBILIZAR e SENSIBILIZAR a potencia do consumo local para o desenvolvemento sustentable e pervivencia da vida de Ribadeo, especialmente importante no momento que estamos a vivir.

Se cada persoa de Ribadeo consumise 5 euros á semana nos establecementos locais pequenos,  significaría como mínimo de 2.500.000€ anuais, o que se traduciría en máis traballos, máis servizos e máis calidade de vida.

Shopping Basket