É a moeda local que pon en marcha a área de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo, en colaboración con a Deputación de Lugo e Abanca, para realizar compras nos establecementos ribadenses adheridos á campaña desde o 1 de outubro de 2022 ao 31 de decembro de 2022, ou ata esgotar o crédito, se isto ocorrese antes.

1 Pancha (PCH) = 1 €

Ganas 10€ directos para gastar no comercio local adherido á campaña. Ti pagas 30€ polo teu pack de moeda local e recibes 40 Panchas (PCH) para gastar nos establecementos locais adheridos. Ademáis, con este xesto, apoias aos establecementos de Ribadeo!

Solicita aquí o teu Panchapeto, desde o día 1 de outubro ata o 31 de decembro ou ata fin de existencias

O pack de Panchas tén un custo de 30€ e dará á persoa portadora do mesmo un valor de 40 Panchas para o seu consumo exclusivo nos comercios de Ribadeo adheridos á campaña. 

 30 € = 40 PCHS

Si, poderanse adquirir ata un máximo de 300 euros en Panchas, polos que se obterán 400 PCHS

Si, as Panchas poderán utilizarse nos comercios adheridos á campaña entre o 1 de outubro de 202e e o 31 de decembro do 2022 (ambos incluídos). Transcorrido este prazo, as moedas locais perderán a súa validez como medio de pago.

Non, as Panchas non son canxeables por diñeiro en efectivo e non se devolverá o importe das mesmas en ningún caso.

Nos establecementos adheridos ao proxecto  e que estarán identificados claramente cun distintivo da campaña ben visible. Tan só terás que amosar o teu código QR para pagar e o teu PanchaPeto actualizarase.

Non existe un importe mínimo de compra, poderás pagar en Panchas desde as túas compras ou consumicións máis pequenas, pero recorda que hai un máximo de 130PCHS por compra.