O Concello de Ribadeo quere apoiar a liquidez do pequeno comercio e hostalaría así como a valorización deste tipo de establecementos e o seu papel na pervivencia de Ribadeo. Para elo emitirá un total de 5.700 packs de PANCHAS  que inxectarán case que 230.000 euros na nosa economía local dos que 57.000 euros estarán subvencionados polo Concello de Ribadeo.

BASES DE ADHESIÓN Á CAMPAÑA

Poderás adherirte á campaña se es persoa física ou xurídica cuia actividade empresarial se encandre dentro do sector comercio e certos servizos (* ver detalle de IAE) e se ademais cumpres os seguintes requisitos:

  • Que o teu  punto de venda estea radicado no municipio de Ribadeo.
  • Que contes cunha  plantilla de persoas traballadoras menor ou igual a 10. (Agás hostalaría).

* Detalles IAE.- Segundo a clasificación de epígrafes do IAE, poderán adherirse á campaña todos aqueles establecementos que estean dados de alta en algún dos seguintes epígrafes:

Os establecementos interesados en participar na campaña da “Moeda Local, Pancha de Ribadeo” deberán adherirse, aportando a seguinte documentación, na oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo ata o venres 4 de decembro de 2020 en horario de 9h a 14h. Non é preciso pertencer a ACISA para adherirse á campaña.

  • Solicitude, declaración e compromiso de adhesión: Anexo I.
  • Copia do N.I.F.
  • Copia do TC2.
  • No caso de que non teña traballador@s : informe negativo de inscrición de empresa ou documento equivalente.
  • Copia do certificado de epígrafes do IAE.
  • Outra documentación: a organización resérvase o dereito de solicitar calquera outro documento que considere necesario recabar para permitir unha mellor valoración da solicitude de adhesión.

O establecemento adherido comprométese a colocar os materiais informativos da campaña nun lugar ben visible do establecemento. Dita documentación consistirá en:

  • Bases de participación.
  • Cartel identificativo da participación.
  • Calqueira outra documentación que acompañe á campaña.

Asimesmo, os establecementos adheridos deberán:

  • Gardar o ticket ou factura de compra que deberá estar correctamente cumprimentado e recoller os seguintes datos:
    • Nome do establecemento, data de compra, CIF/NIF, IMPORTE.
  • Achegar as moedas locais, seladas polo establecemento no momento de recibilas, ao ticket ou factura de compra.
  • Informar ás persoas clientes da campaña.
  • Os establecementos participantes deberán gardar o billete da moeda local orixinal que teñan recibido e achegarlle o tícket ou factura. Os billetes da moeda local deberán selarse polo establecemento no momento de recibilos.
  • Antes de liquidalos por euros en Abanca, os comercios deberán entregar a documentación (ticket ou factura de compra + moedas locais seladas) na oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo a efectos de que sexa validada.
  • A documentación será validada os luns e xoves: 19, 22, 26 e 29 de outubro; 2, 5, 9, 12,16,19, 23, 26 e 30 de novembro; 3, 7, 10 e 14 de decembro e 4, 11, 12, 13, 14 xaneiro de 2021 en horario de 9:00h a 14:00h. En caso de necesidade a organización poderá ampliar as datas propostas.
  • Unha vez validada a documentación, as moedas locais se liquidarán na oficina de ABANCA de Ribadeo até o 21 de xaneiro do 2021 mediante ingreso en conta ou en efectivo.