Sabes que a decisión de consumir ou non en Ribadeo pode cambiar o futuro da vila?

Sabes que ti es fundamental para o comercio local?

Como cres que podes apoiar o comercio local de Ribadeo?

Dálle vida a túa vila e consume local! Nós botámosche unha man e agasallámoste con 10 euros para gastar nos establecementos locais adheridos entre o 9 de outubro ao 5 de xaneiro.

Se queres aforrar máis dun 30% nas túas compras no comercio local, só tés que adquirir as túas Panchas na oficina de ABANCA de Ribadeo a partir do 9 de outubro, e comprar nos establecementos locais adheridos entre o venres 9 de outubro e o martes 5 de xaneiro.

Engánchate ao superpoder do consumo local!

O que tés que ter en conta:

  • Vanse poñer á venda 5.700 packs de moeda local Pancha de Ribadeo. O custe de adquisición de cada pack será de 30€ e dará á persoa portadora do mesmo un valor de 40€/Panchas para o seu consumo exclusivo nos comercios adheridos a campaña. Recorda que 1€ = 1 Pancha (PCH).
  • Poderanse adquirir un número ilimitado de packs por persoa.
  • Só poderán adquirir moedas locais as persoas maiores de idade.
  • Poderanse acumular un máximo de 2 packs de moeda local por compra. Isto é: cada comercio só poderá admitir 80 Panchas por compra. Se o importe da compra é maior, o resto deberá ser aboado en euros.
  • A moeda local non é canxeable por diñeiro en efectivo e non se devolverá o importe das mesmas en ningún caso. De producirse unha devolución dun produto mercado con moeda local, o establecemento emitirá un vale polo importe íntegro da compra.
  • Cada moeda local terá un único uso. Se o importe da compra é inferior ao importe da Pancha, non se devolverá o cambio en efectivo.
  • A moeda local poderá adquirirse desde o venres 9 de outubro, e até fin de existencias, nas oficinas de ABANCA en Ribadeo, en horario de 8:15 h. a 14:15 h. de luns a venres.
  • As persoas que adquiran a moeda local poderán utilizalas entre o venres 9 de outubro e o martes 5 de xaneiro, ambos inclusive, nos comercios adheridos á campaña. Os establecementos estarán debidamente identificados. Transcorrido este prazo, as moedas locais perderán a súa validez como medio de pago.