A Concellería de Turismo, Comercio e Desenvolmento Local, xunto con ACISA e ABANCA, lanza a campaña “Moeda Local, Pancha de Ribadeo” co obxectivo de apoiar o pequeno comercio do municipio e incentivar as compras nun momento sensible para este sector. Con esta moeda local, Pancha de Ribadeo, na que por 30€ recibes 40, preténdese que a veciñanza de Ribadeo se beneficie dun aforro de máis do 30%  á hora de facer as súas compras e incentivar, deste xeito, o consumo.

Para elo, edítanse 1.000 packs de moedas locais, indivisibles e iguais. Os packs constarán de 4 billetes, distribuídos do seguinte xeito, que permitirán facer compras mínimas desde 5€ nos comercios adheridos á campaña.  Hai que ter en conta que 1€ = 1 Pancha (PCH).

30€ = 40€/PCH distribuídos en:

billete de 5 panchas
billete de 10 panchas
billete de 20 panchas

A campaña terá unha duración dun mes, entre os días 5 de abril e o 5 de maio.

Quérese, con este proxecto, VISIBILIZAR e SENSIBILIZAR a importancia do consumo en clave local para o desenvolvemento sustentable e pervivencia da vida de Ribadeo.

Preténdese tamén facer un chamamento á cidadanía e a súa capacidade para incidir no desenvolvemento das vilas, e como a través do consumo de 5 euros á semana no pequeno comercio de Ribadeo suporía máis de 2.500.000€ anuais, o que se traduciría en máis traballos, máis servizos e máis calidade de vida.

De aí que este proxecto da moeda local de Ribadeo vaia tamén acompañado dunha campaña de consumo local chamada Totalmente Local.

Características da campaña:

  • Poñeranse en marcha 1.000 bonos/packs en forma de moeda local, Pancha de Ribadeo. O custe de adquisición de cada pack será de 30€ e dará á persoa portadora do mesmo un valor de 40 Panchas para o seu consumo exclusivo nos comercios adheridos a campaña. Hai que ter en conta que 1€ = 1 Pancha (PCH).
  • Poderanse adquirir un máximo de 2 packs de moeda local por persoa, acreditado con DNI orixinal.
  • Cada persoa poderá levar un máximo de 4 DNI’s orixinais (incluído o seu) á hora de adquirir as moedas locais.
  • Só poderán adquirir moedas locais as persoas maiores de idade.
  • Poderanse acumular un máximo de 2 packs de moeda local por compra. Isto é: cada comercio só poderá admitir 80 Panchas por compra. Se o importe da compra é maior, o resto deberá ser aboado en euros.
  • A moeda local non é canxeable por diñeiro en efectivo e non se devolverá o importe das mesmas en ningún caso. De producirse unha devolución dun produto mercado con moeda local, o establecemento emitirá un vale polo importe íntegro da compra.
  • Cada moeda local terá un único uso. Se o importe da compra é inferior ao importe da Pancha, non se devolverá o cambio en efectivo.
  • Os packs de moeda local poderán adquirise desde o xoves 4 de abril e até fin de existencias nas oficias de ABANCA de Ribadeo, en horario de 08:15 h. a 14:15 h. de luns a venres e tamén os xoves de 16:30 h. a 18:45 h.
  • As persoas que adquiran a moeda local poderán utilizalas entre o venres 5 de abril e o domingo 5 de maio, ambos inclusive, nos comercios adheridos á campaña. Os establecementos estarán debidamente identificados. Transcorrido este prazo, as moedas locais perderán a súa validez como medio de pago.
  • Os comercios que desexen participar terán que adherirse á campaña, sexan ou non de Acisa, entre o 20 de marzo e o 3 de abril. Para elo deberán cumprir os requisitos esixidos nas bases para adherirse e presentar a documentación que se indica nas mesmas. Consultar as BASES.