É a moeda local que pon en marcha a area de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo, en colaboración con ACISA e Abanca, para realizar compras nos comercios ribadenses adheridos á campaña durante o 5 de abril e o 5 de maio.

1 Pancha (PCH) = 1 €

Ganas 10€ directos para gastar no comercio local adherido á campaña. Ti pagas 30€ polo teu pack de moeda local e recibes 40 Panchas (PCH) para gastar no comercio local adherido. Ademais, con este xesto, apoias ao comercio de Ribadeo!.

Na oficina de Abanca de Ribadeo, a partir do xoves 4 de abril e até fin de existencias, ou até como máximo o 3 de maio. O horario será de luns a venres de 8.15 h. a 14.15 h. e os xoves tamén de 16.30 h. a 18.45 h.

O pack de Panchas ten un custe de 30€ e dará á persoa portadora do mesmo un valor de 40 Panchas para o seu consumo exclusivo nos comercios de Ribadeo adheridos ao proxecto. Cada pack de Pancha é indivisible e as 40 Panchas se distribúen do seguinte xeito, para facilitar as compras en diversos comercios:

 30 € = 40 Panchas en 2 billetes de 5; 1 billete de 10 e 1 billete de 20.

Si. Cada persoa só poderá adquirir un máximo de 2 packs de Panchas por DNI.

Podes darlle o teu DNI (orixinal, non vale fotocopia) a unha persoa de confianza e que chas adquira ela. Cada persoa pode levar 4 DNI’s (incluído o seu) á hora de adquirir as Panchas. Recorda que só se poderán adquirir un máximo de 2 packs de Panchas por DNI.

Si. As Panchas poderán utilizarse nos comercios adheridos á campaña entre o 5 de abril e o 5 de maio (ambos incluídos). Transcorrido este prazo, as moedas locais perderán a súa validez como medio de pago.

Non. As Panchas non son canxeables por diñeiro en efectivo e non se devolverá o importe das mesmas en ningún caso.

Nos comercios adheridos ao proxecto  e que estarán identificados claramente cun distintivo da campaña ben visible. Iso si, ten en conta que cada Pancha terá un único uso, polo que será imprescindible facer compras mínimas polo valor da moeda que se desexe gastar (5, 10 ou 20).

Se o importe da compra é inferior ao importe da moeda, non se devolverá o cambio en efectivo.

Si, pero tendo en conta que o máximo son 2 packs de Panchas acumulables por cada compra (equivalente ao máximo de packs que se pode adquirir por DNI).

A adquisición das Panchas realízase dun xeito responsable e tendo en conta que non se aboará ningunha moeda, ou o importe pagado por elas, por razóns de roubo, perda, esquecemento, descoñecemento, rotura, etc.