BASES DE ADHESIÓN Á CAMPAÑA

Poderás adherirte á campaña se es persoa física ou xurídica cuia actividade empresarial se encandre dentro do sector comercio e certos servizos (* ver detalle de IAE) e se ademais cumpres os seguintes requisitos:

  • Que o teu punto de venda estea radicado no municipio de Ribadeo.
  • Que contes cunha plantilla de persoas traballadoras menor ou igual a 10.

* Detalles IAE.- Segundo a clasificación de epígrafes do IAE, poderán adherirse á campaña todos aqueles establecementos que estean dados de alta en algún dos seguintes epígrafes:

Os establecementos interesados en participar na campaña da “Moeda Local, Pancha de Ribadeo” deberán adherirse, aportando a seguinte documentación, na oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo entre o 20 de marzo e o 3 de abril en horario de 9h a 14h. Non é preciso pertencer a ACISA para adherirse á campaña.

  • Solicitude, declaración e compromiso de adhesión: Anexo I.
  • Copia do N.I.F.
  • Copia do TC2.
  • Copia do certificado de epígrafes do IAE.
  • Outra documentación: a organización resérvase o dereito de solicitar calquera outro documento que considere necesario recabar para permitir unha mellor valoración da solicitude de adhesión.

O comercio adherido comprométese a colocar os materiais informativos da campaña nun lugar ben visible do establecemento. Dita documentación consistirá en:

  • Bases de participación.
  • Cartel identificativo da participación.
  • Manifesto de consumo local “Totalmente Local”.

Asimesmo, os comercios adheridos deberán:

  • Gardar o ticket ou factura de compra que deberá estar correctamente cumprimentado e recoller os seguintes datos:
    • Nome do establecemento, data de compra, CIF/NIF, IMPORTE.
  • Achegar as moedas locais, seladas polo establecemento no momento de recibilas, ao ticket ou factura de compra.
  • Informar ás persoas clientes da campaña.
  • Os comercios participantes deberán gardar o billete da moeda local orixinal que teñan recibido e achegarlle o tícket ou factura. Os billetes da moeda local deberán selarse polo establecemento no momento de recibilos.
  • Antes de liquidalos por euros en Abanca, os comercios deberán entregar a documentación (ticket ou factura de compra + moedas locais seladas) na oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo a efectos de que sexa validada.
  • A documentación será validada os luns 15, 22 e 29 de abril, e 6, 13 e 20 de maio, en horario de 9 h. a 14 h.
  • Unha vez validada a documentación, as moedas locais se liquidarán na oficina de ABANCA de Ribadeo até o 24 de maio mediante ingreso en conta ou en efectivo.