Pancha de Ribadeo, a nosa moeda local. Paga 30 e obtén 40 para gastar no comercio local.

O Concello de Ribadeo, xunto con ACISA e ABANCA, lanza a  campaña “Moeda Local Pancha de Ribadeo” de dinamización do pequeno comercio,  na que por 30€ recibes 40 en moeda local para gastar no comercio adherido á campaña.

Cada pack de moeda local estará composto de 4 billetes de Panchas: 1 billete de 20, 1 billete de 10 e 2 billetes de 5.

Cada persoa, maior de idade, poderá mercar como máximo 2 packs de moeda local que poderá gastar desde o día 5 de abril ata o  5 de maio.

¿A que soa ben? Adquire as túas Panchas na oficina de Abanca de Ribadeo.

Manifesto

Manifesto PANCHA moeda local de Ribadeo.

Onde consumir

Gasta as túas PANCHAS nos seguintes comercios adheridos.